Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

26-05-2014

A Xunta destaca o imprescindible labor dos membros das asociacións de voluntarios de Protección Civil

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014.-  O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o imprescindible labor que levan a cabo os voluntarios das asociacións de Protección Civil da nosa Comunidade e agradeceulles o seu traballo diario, desinteresado e altruísta.

Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantivo hoxe unha reunión cos responsables de Protección Civil das catro provincias galegas onde recordou que nos últimos cinco anos a Xunta destinou case 1,8 millóns de euros ás asociacións de Protección Civil de toda Galicia.

O titular da Vicepresidencia indicou que estas asociacións de voluntarios son un piar básico no sistema de emerxencias da nosacomunidade e sen eles sería moi difícil manter os operativos coma por exemplo a visita do Papa, o Xacobeoou o accidente ferroviario de Angrois.

Ademais, Rueda indicou que un dos obxectivos da xuntanza é coñecer as súas necesidades, suxestións así coma manter un diálogo e unha relación fluída, e pediulle un ano máis a súa inestimable colaboración na temporada de incendios que agora comeza que conta sempre co apoio dos voluntarios na loita contra esta lacra.

Na Academia Galega de Seguridade Pública para este ano hai previstos máis de 30 cursos, presenciaisou en liña, nos que poden participar os voluntarios de Protección Civil. De feito, en máis de 20 deles están dirixidos especificamente a voluntarios ou teñen preferencia para anotarse, en aras da importancia que ten para o seu traballo a formación contínua.

Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal