Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

Ler máis
20102026
Recordatorio sobre a exención de peaxe para vehículos de Protección Civil e procedemento de paso

Por medio da presente, e ante as diversas consultas recibidas nesta Asociación Provincial relativas ao paso de vehículos por tramos de autopistas de peaxe, lembrámosvos o establecido na lexislación vixente respecto ás exencións de pago.Segundo o Artigo 23 da Ley 37/2015, de 29 de setembro, de Carreteras (Boletín Oficial del Estado núm. 234, de 30 de setembro de 2015), os vehículos ao servizo de emerxencia ou Protección Civil están exentos do abono de peaxes cando estean cumprindo as súas respectivas funcións específicas.Para garantir a correcta aplicación desta exención e facilitar a fluidez no tránsito, o procedemento operativo a seguir nas estacións de cobro é o seguinte:Aproximación: Chegar á peaxe dirixíndose a unha cabina con pago atendido ou con intercomunicador.Comunicación: Premer o botón do intercomunicador para contactar co persoal operador da peaxe.Identificación: Trasladar verbalmente e de forma clara ao/á operador/a a seguinte frase:"Vehículo de Protección Civil en servizo".Rogamos transmitades esta información a todos os membros e condutores da vosa agrupación/asociación para o seu coñecemento e unificación de criterios nas actuacións operativas.

Ler máis
16042026
A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DA CORUÑA RECIBE O APOIO DA DEPUTACIÓN PARA O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2026

nformamos de que no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de abril de 2026, foi publicada a resolución de concesión definitiva do programa:DP0032: Programa de subvencións as agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o ano 2026.A través desta axuda, a Asociación Provincial reforza o seu compromiso coas agrupacións locais, facilitando a xestión, formación e operatividade necesaria para dar cobertura ás necesidades da provincia durante o presente exercicio.

Ler máis
16042026
A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DA CORUÑA RECIBE O APOIO DA DEPUTACIÓN PARA O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2026

Informamos de que no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de abril de 2026, foi publicada a resolución de concesión definitiva do programa:DP0032: Programa de subvencións as agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o ano 2026.A través desta axuda, a Asociación Provincial reforza o seu compromiso coas agrupacións locais, facilitando a xestión, formación e operatividade necesaria para dar cobertura ás necesidades da provincia durante o presente exercicio.

Ler máis
07042026
CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN: Programa de Investimentos Protección Civil 2026

Desde a nosa entidade, comprácenos informar a todos os nosos membros e á cidadanía en xeral sobre a recente concesión dunha axuda económica fundamental para o desenvolvemento da nosa xeira.Segundo o publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do día 6 de abril de 2026, fíxose oficial a resolución de concesión definitiva do programa:Expediente: DP0033Denominación: Programa de subvencións dirixido as agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2026.Entidade Concedente: Deputación da Coruña.Cal é o obxectivo desta axuda?Esta subvención está destinada especificamente á financiación de investimentos necesarios para mellorar a nosa capacidade operativa. Grazas a esta achega, poderemos renovar e adquirir equipamento técnico esencial, o que se traduce directamente nunha maior seguridade e eficacia nas nosas intervencións e servizos preventivos na provincia.Compromiso co servizoA obtención destes fondos supón un impulso vital para seguir garantindo un servizo de protección civil de calidade, apoiando o traballo altruista das nosas voluntarias e voluntarios cos mellores recursos materiais posibles.Agradecemos á Deputación da Coruña o apoio constante ao tecido do voluntariado de protección civil, permitíndonos seguir medrando e protexendo á nosa comunidade.

Ler máis
16042026
A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DA CORUÑA RECIBE O APOIO DA DEPUTACIÓN PARA O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2026

nformamos de que no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de abril de 2026, foi publicada a resolución de concesión definitiva do programa:DP0032: Programa de subvencións as agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o ano 2026.A través desta axuda, a Asociación Provincial reforza o seu compromiso coas agrupacións locais, facilitando a xestión, formación e operatividade necesaria para dar cobertura ás necesidades da provincia durante o presente exercicio.

Guía útil

Dirección General de Tráfico

DGT

Dirección General de Tráfico.
Información de estradas, información administrativa, lexislación e consellos de seguridade vial, información da DGT e información sobre a revista Tráfico.

Escuela Nacional de Protección Civil

ENPC

Escuela Nacional de Protección Civil
Criterios e metodoloxías para a coordinación e mellora do traballo conxunto entre grupos de intervención e/ou servicios públicos.

Aemet

AEmet

Agencia Estatal de Meteorología
Información meteorolóxica e prediccións de interese xeral no ámbito nacional. Avisos de alertas meteorolóxicas.

AXEGA

AXEGA

Axencia Galega de Emerxencias
Ente encargado do estudo e a execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal