Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

16-03-2015

ORDEN 24 FEBREIRO de 2015

Orde do 24 de febreiro de 2015 pola que se ditan as normas que regulan a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario das agrupacións de voluntarios de protección civil, a imaxe corporativa destas agrupacións e os equipos de mobilidade necesarios para o desenvolvemento das funcións de protección civil e emerxencias, publicado no DOG nº 46 do luns, 9 de marzo de 2015. O obxecto desta orde é, en desenvolvemento do Decreto 123/2014, do 18 de setembro, establecer a descrición e demais características da acreditación, a uniformidade e distintivos do persoal voluntario das agrupacións de voluntarios de protección civil, inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, en adiante persoal voluntario das AVPC. Resulta obxecto desta orde, tamén, a descrición e demais características da imaxe corporativa das AVPC, a sinalización exterior e interior de oficinas ou dependencias, os elementos de configuración externa e o deseño das condicións de marcación e rotulación dos equipamentos de mobilidade á disposición do persoal dos servizos municipais de protección civil, os grupos de emerxencia supramunicipais ou o persoal voluntario das AVPC, de acordo co regulado no artigo 2 do Decreto 123/2014, do 18 de setembro.

Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal