Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

Presentación

A Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro que, ten como principal fin xuntar no seu seo as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia  para maior efectividade e defensa dos seus intereses.

Así mesmo, no art. 5 recóllense os fins principais da asociación:

  1. Fomentar nos Municipios a idea da Seguridade no seu concepto integral, sensibilizando tanto aos corporativos coma ao resto dos Cidadáns. 
  2. Canalizar o intercambio, non só de experiencias, publicacións e traballos, senón tamén os problemas para estudar a súa resolución de xeito conxunto.  
  3. Establecer unha canle de relación directa entre as Agrupacións de Voluntarios e a Administración a todos os niveis  
  4. Establecer un sistema de coordinación, que permita a homologación de elementos de intervención posibilitando a centralización da súa adquisición  
  5. Fomentar entre as Agrupacións de Voluntarios a realización de programas de protección integral e socorro a persoas damnificadas ou afectadas por accidentes, catástrofes, calamidades públicas, situacións de emerxencia social e outros riscos ou sinistros colectivos e sucesos similares, así como a prevención dos danos causados por estes, participando nas actuacións que resulten necesarias para iso, na forma establecida nas leis e nos plans nacionais ou territoriais correspondentes. 
  6. O fomento, entre as Agrupacións de Voluntarios, das actividades para novos que promovan a convivencia, e a elaboración de programas de formación dirixidos á educación en valores persoais.  
  7. Fomentar nos municipios a colaboración en accións de voluntariado mediante a realización de programas de orientación, sensibilización e información que dean a coñecer o labor voluntario entre a poboación en xeral.  
  8. O desenvolvemento, entre os voluntarios, de programas formativos encamiñados á consecución dos anteriores fins.
  9. Calquera outro que poida potenciar os obxectivos da Asociación.      
A Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, é unha entidade non gobernamental de ámbito Provincial que carece de ánimo de lucro, constituída ao amparo da Lei de Asociacións do 24-12-64, Decreto de 20-05-65. e adaptada á Lei Orgánica 1/2002, do 22 de Marzo reguladora do Dereito de Asociación.

Os membros da Asociación non son persoas físicas ou voluntarios de protección civil, senón as Agrupacións nas que éstes están integrados.

Os órganos directivos da Asociación son a Asamblea Xeral, A Xunta Directiva e a Comisión Permanente, cuxo funcionamento se regula no Capítulo III dos Estatutos. 


Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal