No día de onte tivo lugar na sede da Xunta Provincial AECC da Coruña a firma do convenio de Colaboración entre a entidade Provincial de loita contra o Cancro e a Asociación provincial de Agrupacions de Voluntarios de Protección Civil da Coruña.Este convenio de colaboración e froito da estreita relación de ambas entidades dado o interese coincidente na Seguridade das persoas.Os presidentes de ambas entidades trasladaron a ledicia da firma de esta cooperacion en actividades, eventos e acontecementos que sexan considerados de interese xeral
Xuntamos carta de agradecemento pola participación dos voluntarios de protección civil nos incendios declarados situación 2 nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Incio entre o 15 e 23 de xullo.Como presidente da Asociación Provincial de AVPCs da Coruña , dou traslado ás AVPCs da provincia que prestaron apoio.Moitas grazas e unha forte aperta.
En días pasados notificouse a esta asociación a concesión de Subvención por parta de deputación de A Coruña , correspondente o programa PROGRAMA DP0032/2022 CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓN DIRIXIDO AS AGRUPACIÓNS, ASOCIACIÓNS EASOCIACIÓNS DE AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO2022 , CO OBXECTO DE RETRIBUCIONS E SEGURIDADE SOCIAL PARA PERSOAL
A Asociación Provincial ven de promover a impartición de duas edicións do curso Formación en Traballo con Motoserra , dirixido os voluntarios e voluntarias das Agrupacións de Protección Civil da provincia de a Coruña.
Esta entidade recibe axudas da